- O venres, día 29 de outubro, o local da nosa ESCOLA MUNICIPAL DE GAITAS & PERCUSIÓN acollerá o acto de homenaxe pública ó senlleiro limián don ANTONIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, xa falecido, unha das figuras de máis fondo recordo nesta vila pola súa humanidade, adicación e traballo en prol de Xinzo.
- O acto terá lugar ás 18:00 h. e consistirá no descubremento dunha pequena placa conmemorativa na súa lembranza que se ubicará na fachada da Escola (antiga Cárcere Pública -levantada no ano 1849- e primeira sé da Casa da Cultura de Xinzo), xunto cunhas palabras de honra por parte das autoridades e familia. Ó remate, un grupo de gaiteiros e percusionistas da BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA interpretaremos o Himno Galego.
- A homenaxe está promovida polo Concello de Xinzo de Limia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario