viernes, 31 de diciembre de 2010
jueves, 23 de diciembre de 2010
Novo ÉXITO da ESCOLA MUNICIPAL DE GAITAS & PERCUSIÓN DE XINZO DE LIMIA
"Los integrantes de la Banda de Gaitas de Xinzo arrasan en los concursos menores".
sábado, 18 de diciembre de 2010
viernes, 17 de diciembre de 2010
Óbito do GAITEIRO DE ESCORNABOIS
sábado, 11 de diciembre de 2010
sábado, 30 de octubre de 2010
Homenaxe de XINZO a don ANTONIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

- Onte, venres 29 de outubro, tivo lugar o emotivo acto de homenaxe ó senlleiro limián don Antonio Rodríguez Gonzalez (q.e.p.d.), co descubrimento dunha placa na súa lembranza na fachada da Escola Municipal de Gaitas & Percusión (antiga Cárcere Municipal e primeira Casa da Cultura de Xinzo).
- O acto estivo presidido por autoridades do concello e familiares do homenaxeado, arropados por un nutrido público de veciños limiáns. Unha representación da BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA intervimos no mesmo interpretando o Himno Galego e a Marcha do Antigo Reino de Galicia.
- Velaquí as novas sobre este emocionante evento nos xornais de hoxe.
viernes, 29 de octubre de 2010
VI Festival da Máscara Ibérica. Zamora

- Multitudinario pasarrúas en ZAMORA o pasado domingo, 24 de outubro, con moreas de persoas disfroitando das diferentes e distintivas máscaras autóctonas das comunidades de Castilla-León, Asturias, Galicia, Portugal ...
- Alí estivemos a BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA e as nosas sempre vistosas PANTALLAS, que chamaron a atención do numeroso público e dos xornais, onde salientaron a nosa participación neste importante evento etnográfico.
- De seguido poñemos ligazóns a noticias publicadas nos xornais sobre o VI FESTIVAL DA MÁSCARA IBÉRICA.
viernes, 22 de octubre de 2010
Homenaxe a don ANTONIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
- O venres, día 29 de outubro, o local da nosa ESCOLA MUNICIPAL DE GAITAS & PERCUSIÓN acollerá o acto de homenaxe pública ó senlleiro limián don ANTONIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, xa falecido, unha das figuras de máis fondo recordo nesta vila pola súa humanidade, adicación e traballo en prol de Xinzo.
- O acto terá lugar ás 18:00 h. e consistirá no descubremento dunha pequena placa conmemorativa na súa lembranza que se ubicará na fachada da Escola (antiga Cárcere Pública -levantada no ano 1849- e primeira sé da Casa da Cultura de Xinzo), xunto cunhas palabras de honra por parte das autoridades e familia. Ó remate, un grupo de gaiteiros e percusionistas da BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA interpretaremos o Himno Galego.
- A homenaxe está promovida polo Concello de Xinzo de Limia.
Festival Máscara Ibérica. ZAMORA
sábado, 9 de octubre de 2010
viernes, 24 de septiembre de 2010
viernes, 2 de julio de 2010
Festival FIN DE CURSO 2009-10 da ESCOLA MUNICIPAL DE GAITAS & PERCUSIÓN
domingo, 6 de junio de 2010
viernes, 28 de mayo de 2010
B. GG. XINZO DE LIMIA na FÊTE DES BRODEUSES 2010 (Bretaña)
* Xa temos o programa da magnífica FÊTE DES BRODEUSES 2010 (Bretaña) ... Velaquí unha parte ... Marvilleux !!! ...

viernes, 21 de mayo de 2010
Ímonos a BRETAÑAAA ... !!!
- Confirmado !!!. A BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA participaremos na emblemática e importante FÊTE DES BRODEUSES 2010, na localidade BRETONA de PONT-L'ABBÉ. Alí estaremos coa nosa música entre os días 8 - 11 de xullo, compartindo festival con prestixiosas agrupacións, entre outras a famosísima BAGAD CAP CAVAL ... !!!

domingo, 14 de marzo de 2010
XA estamos no FACEBOOK ...
domingo, 7 de marzo de 2010
Magnífica actuación do CORO AIMIL en Xinzo de Limia
- O CORO AIMIL, pertencente á Asociación Cultural AIMIL FOLC de Xinzo de Limia, participou exitosamente nos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller Traballadora que, organizados polo Concello de Xinzo de Limia, tiveron lugar no salón de actos da Casa da Cultura desta localidade este domingo, día 7. O público presente agasallou con cálidas e emotivas ovacións as interpretacións do CORO AIMIL.
+039.jpg)
2.- CORO AIMIL e Coral "Santa Mariña" de Xinzo, intres antes da interpretación conxunta do Himno Galego. Actos conmemorativos do Día Internacional da Muller Traballadora.
* Máis información en: http://aimilfolc.blogspot.com/
ANTÓN VARELA en XINZO DE LIMIA
- A través de amenas explicacións, apoiadas nunha maxistral exposición musical de melodías interpretadas con gaitas en diversas tonalidades, o prestixioso artesán e mestre gaiteiro ferrolán ANTÓN VARELA engaioulou ó público asistente ó CONCERTO DIDÁCTICO que ofreceu na Casa da Cultura de XINZO DE LIMIA este sábado, 6 de marzo, organizado pola nosa ASOCIACIÓN CULTURAL AIMIL FOLC. No concerto, ilustrado coa proxección de imaxes de gaiteiros e grupos antigos da comarca de Ferrol (traballo de recolleita obra da agrupación "Berros do Castro"), ANTÓN VARELA repasou, coa elegancia interpretativa que o caracteriza, timbres e sons das GAITAS GALEGAS antigas e modernas, nunha escolma de melodías tradicionais e de autor que cautivaron a atención dos asistentes.
- Xa na mañá do domingo, día 7, ANTÓN VARELA impartiu un interesante cursiño sobre afinación, timbres e sons da gaita galega na Escola Municipal de Gaitas & Percusión do Concello de Xinzo de Limia, dirixido a compoñentes da BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
* Máis información sobre ANTÓN VARELA en http://www.antonvarela.es/
sábado, 27 de febrero de 2010
Cursiño e concerto didáctico de ANTÓN VARELA en XINZO, 6 - 7 de marzo
- O sábado, día 6, e domingo, 7 de marzo, o prestixioso artesán e mestre gaiteiro ferrolán ANTÓN VARELA estará con nos na ESCOLA MUNICIPAL DE GAITAS & PERCUSIÓN DE XINZO, impartíndonos un pequeno cursiño sobre o noso instrumento nacional.
- Asemade, o sábado, día 6, ANTÓN VARELA ofrecerá unha amena charla redondeada cun pequeno concerto didáctico, en acto aberto para todos os públicos, no salón de actos da Casa da Cultura de Xinzo, ás 20:00 h.
- Esta actividade está organizada pola nosa Asociación Cultural AIMIL FOLC.
- Non volo perdades !!!.
jueves, 11 de febrero de 2010
ENTROIDO (Carnaval) XINZO 2010

- Despois do FARELEIRO, OLEIRO e CORREDOIRO, chega a "traca" final ... co venres, sábado, domingo, luns e martes do noso máxico e popular ENTROIDO (Carnaval) -días 12, 13, 14, 15 e 16- ...
- A BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA-B actuará en pasarrúas durante a mañá do domingo día 14. A BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA (titular) ofrecerá un concerto na Praza Maior o mesmo día, ás 13:30 h.
- O martes, día 16, participaremos no gran desfile de Entroido, as 17:00 h.
- Máis información sobre o inigualable ENTROIDO (Carnaval) de XINZO DE LIMIA en:
http://entroidoxinzo.blogspot.com/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)