martes, 6 de enero de 2009

Cursiño de ANTÓN VARELA en Xinzo

- O prestixioso artesán (luthier) e mestre gaiteiro ferrolán ANTÓN VARELA, estará en Xinzo os días 24 e 25 de xaneiro, onde impartirá nos locais da nosa Escola Municipal de Gaitas & Percusión un cursiño didáctico sobre afinación e organoloxía da gaita galega, dirixido principalmente os/as gaiteiros/as da Banda de Gaitas titular de Xinzo. Asemade, intervirá nun acto aberto ó público que se celebrará o sábado, día 24, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo, onde disertará sobre: "Tipoloxía e timbres da Gaita Galega"; con imaxes comentadas e un mini-concerto didáctico en directo.
- Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural "Aimil Folc".

- Velaquí a ligazón a un vídeo onde podedes ver e escoitar ó mestre Antón Varela interpretando unha muiñeira tradicional cunha gaita de son moi distintivo, construída no seu obradoiro e copia dunha do século XIX. http://es.youtube.com/watch?v=Inz3ue0Lo-s

No hay comentarios: