viernes, 30 de enero de 2009

ENTROIDO 2009


- Xa chegou ENTROIDO, a meirande festa e orgullo de Xinzo de Limia.
- Se non es de Xinzo, merece a pena que te achegues para vivir unha experiencia inigualable !!!
- As Pantallas xa están prestas e ansiosas ...

- Velaquí as datas máis festivas do noso Entroido:

- Día 1 (febreiro), Domingo Fareleiro.

- Día 8, Domingo Oleiro.
- Día 14, Sábado Corredoiro.

- Día 15, Domingo Corredoiro.

- Días 20, 21, 22: Venres, sábado e domingo de Entroido.

- Día 23: Luns de Entroido.

- Día 24: Martes de Entroido.

- Día 25: Mércores de Cinza (Enterro da Sardiña).

- Día 1 (marzo): Domingo de Piñata.

- VIVA o ENTROIDO de XINZO !!!

viernes, 23 de enero de 2009

CANCELACIÓN do Cursiño de ANTÓN VARELA

- Por motivos de saúde, alleos á nosa vontade, o CURSIÑO e CHARLA previstos que ía a impartir en Xinzo o artesán ANTÓN VARELA, se CANCELAN ata novo aviso.

- Pregamos ós/ás afectados/as disculpen as molestias que poida ocasionar esta cancelación. En breve informaremos sobre novas datas para esta actividade.

- Gracias.

martes, 6 de enero de 2009

Cursiño de ANTÓN VARELA en Xinzo

- O prestixioso artesán (luthier) e mestre gaiteiro ferrolán ANTÓN VARELA, estará en Xinzo os días 24 e 25 de xaneiro, onde impartirá nos locais da nosa Escola Municipal de Gaitas & Percusión un cursiño didáctico sobre afinación e organoloxía da gaita galega, dirixido principalmente os/as gaiteiros/as da Banda de Gaitas titular de Xinzo. Asemade, intervirá nun acto aberto ó público que se celebrará o sábado, día 24, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo, onde disertará sobre: "Tipoloxía e timbres da Gaita Galega"; con imaxes comentadas e un mini-concerto didáctico en directo.
- Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural "Aimil Folc".

- Velaquí a ligazón a un vídeo onde podedes ver e escoitar ó mestre Antón Varela interpretando unha muiñeira tradicional cunha gaita de son moi distintivo, construída no seu obradoiro e copia dunha do século XIX. http://es.youtube.com/watch?v=Inz3ue0Lo-s