- A través de amenas explicacións, apoiadas nunha maxistral exposición musical de melodías interpretadas con gaitas en diversas tonalidades, o prestixioso artesán e mestre gaiteiro ferrolán ANTÓN VARELA engaioulou ó público asistente ó CONCERTO DIDÁCTICO que ofreceu na Casa da Cultura de XINZO DE LIMIA este sábado, 6 de marzo, organizado pola nosa ASOCIACIÓN CULTURAL AIMIL FOLC. No concerto, ilustrado coa proxección de imaxes de gaiteiros e grupos antigos da comarca de Ferrol (traballo de recolleita obra da agrupación "Berros do Castro"), ANTÓN VARELA repasou, coa elegancia interpretativa que o caracteriza, timbres e sons das GAITAS GALEGAS antigas e modernas, nunha escolma de melodías tradicionais e de autor que cautivaron a atención dos asistentes.
- Xa na mañá do domingo, día 7, ANTÓN VARELA impartiu un interesante cursiño sobre afinación, timbres e sons da gaita galega na Escola Municipal de Gaitas & Percusión do Concello de Xinzo de Limia, dirixido a compoñentes da BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA.
.jpg)
1.
Antón Varela nun intre do seu concerto didáctico en Xinzo.
.jpg)
2.- Concerto didáctico en Xinzo. De dereita a esquerda:
Antón Varela (gaita),
Raquel Fontes (cunchas),
Fernando Dopico (pandeireta).
.jpg)
3.-
Antón Varela na
Escola Municipal de Gaitas & Percusión do Concello de Xinzo de Limia. Cursiño sobre afinación, timbres e sons da gaita galega, impartido a compoñentes da
BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA.
.jpg)
4.-
Antón Varela na
Escola Municipal de Gaitas & Percusión do Concello de Xinzo de Limia. Intre do cursiño sobre afinación, timbres e sons da gaita galega.