sábado, 27 de febrero de 2010

Cursiño e concerto didáctico de ANTÓN VARELA en XINZO, 6 - 7 de marzo



- O sábado, día 6, e domingo, 7 de marzo, o prestixioso artesán e mestre gaiteiro ferrolán ANTÓN VARELA estará con nos na ESCOLA MUNICIPAL DE GAITAS & PERCUSIÓN DE XINZO, impartíndonos un pequeno cursiño sobre o noso instrumento nacional.

- Asemade, o sábado, día 6, ANTÓN VARELA ofrecerá unha amena charla redondeada cun pequeno concerto didáctico, en acto aberto para todos os públicos, no salón de actos da Casa da Cultura de Xinzo, ás 20:00 h.

- Esta actividade está organizada pola nosa Asociación Cultural AIMIL FOLC.
- Non volo perdades !!!.


jueves, 11 de febrero de 2010

ENTROIDO (Carnaval) XINZO 2010


- Despois do FARELEIRO, OLEIRO e CORREDOIRO, chega a "traca" final ... co venres, sábado, domingo, luns e martes do noso máxico e popular ENTROIDO (Carnaval) -días 12, 13, 14, 15 e 16- ...
- A BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA-B actuará en pasarrúas durante a mañá do domingo día 14. A BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA (titular) ofrecerá un concerto na Praza Maior o mesmo día, ás 13:30 h.
- O martes, día 16, participaremos no gran desfile de Entroido, as 17:00 h.

- Máis información sobre o inigualable ENTROIDO (Carnaval) de XINZO DE LIMIA en:
http://entroidoxinzo.blogspot.com/