sábado, 11 de julio de 2009

CONCERTO en Xinzo de Limia

- O vindeiro sábado, 18 de xullo, ofrecemos un CONCERTO con algúns dos temas máis selectos do noso repertorio. Dará comezo ás 22:00 h. na Praza de Carlos Casares, en Xinzo de Limia.
- Quedades convidados/as ... e sede puntuais ... !!!.


Actuacións en xuño e xullo

- Despois das actuacións do pasado mes de xuño: O día 13 nas Festas da Valenzá (Ourense) convidados pola Banda de Gaitas Nova Fronteira -onde fixemos un pasarrúas conxunto coas Bandas de Gaitas Nova Fronteira & Cartelle e Entrimo-, e o día 14 na procesión de Corpus en Xinzo; iniciamos o periodo veraniego os días 4 e 5 de xullo na preciosa comunidade veciña de Asturias, como manda a nosa tradición bandística, participando no V Alcuentro Bandes de Gaites Castrillón, na localidade de Piedras Blancas, organizado pola Asociación L'Alborcer e os nosos colegas da Banda de Gaites de Castrillón ..., que resultou todo un éxito ...