lunes, 23 de febrero de 2009

V Encontro coa ZANFONA Contemporánea en NARÓN

- O Encontro coa Zanfona Contemporánea que cada ano se vén celebrando en Narón por estas datas chega a súa V edición. Terá lugar entre o 13 e o 15 de marzal en diferentes puntos deste concello e reunirá a interesados por este instrumento milenario que está a rexurdir con moita forza nos últimos anos en toda Europa e baixo diferentes estilos e apreciacións.

- O Encontro coa Zanfona Contemporánea é unha produción de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, que organiza cada ano co Padroado de Cultura do Concello de Narón e logo de catro edicións convertíuse nun referente pedagóxico e escénico montado ao redor deste instrumento milenario cunha orientación moderna para dar a coñecer as últimas e variadas tendencias da zanfona. A repercusión deste festival chega a unha grande parte do público interesado neste tipo de músicas pola especificidade da proposta e a achega de maestros internacionais á Ferrolterra.

- Os anos anteriores viñeron até Narón uns dos mellores representantes europeos deste instrumento: Valentin Clastrier, Gilles Chabenat, Marc Egea ou os galegos Anxo Lois Pintos e Óscar Fernández.

- Nesta edición o mestre invitado é Grégory Jolivet, un novo valor do centro de Francia cunha longa experiencia nos escenarios. Dado a coñecer internacionalmente logo de sustituir ao mítico Nigel Eaton como zanfonista da histórica banda inglesa Blowzabella e cunha sólida traxectoria como solista e en formacións de dúo e trio. Compartirá escenario nos concertos do venres no Auditorio de Narón con Xarnege, un colectivo transfonterizo de bascos e gascóns.

- Ademais haberá actuacións do dúo Sobre Rodas -Carlos do Viso e Luis Caruncho- na feira do 13 en Sedes e farán concertos artístico-didácticos para escolares do concello.

- Na parte máis teórica do Encontro, estarán o investigador Xulio García Bilbao e Luciano Pérez do obradoiro musical e arquivo documental Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Deputación de Lugo, herdeiro do pioneiro obradoiro que fundou Faustino Santalices quen recuperou este instrumento en Galicia hai xa máis de cincuenta anos.

- As xornadas de convivencia -curso, conferencia, palco aberto- terán lugar en Aldea Nova na parroquia de Sedes.O prazo de inscrición ao curso aínda non está aberto, pero ficade á espreita.

sábado, 21 de febrero de 2009

Reunión da SGAE con directores de BANDAS DE GAITAS

- Directores de Bandas de Gaitas galegas participaron nunha reunión informativa convocada pola SGAE. Velaquí a nova no xornal "La Voz de Galicia". http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2009/02/21/0003_7544492.htm

lunes, 9 de febrero de 2009

Fundación da ASOCIACION INTERAUTONÓMICA DE PERCUSIONISTAS

- Onte, domingo 8, a Escola Municipal de Gaitas & Percusión de Xinzo de Limia foi a sé anfitriona de percusionistas, principalmente ligados a Escolas e Bandas de Gaitas. Nesta reunión acordaron fundar a ASOCIACIÓN INTERAUTONÓMICA DE PERCUSIONISTAS (Galicia, Asturias e Castela y León), cos fins de promocionar e divulgar a percusión e o estudio da mesma, para o cal redactaron os estatutos e demáis requisitos para a súa formalización como tal asociación. Na mesma asemblea quedaron nomeados os cargos que estarán ó frente da recén nacida asociación durante os dous próximos anos, quedando do seguinte xeito:

Presidente: Xoán A. Losada Soto (B.G. Xinzo de Limia, B.G. Vilar de Barrio & Sarreaus, Ourense).
Vicepresidente: José Miguel Gómez Rodríguez (B.G. Nova Fronteira & Cartelle, Ourense).
Secretaria: Rocío García Fernández-Echevarría (B.G. Entrimo, Ourense).
Tesoureira: Alba Veloso Rúa (B.G. Xinzo de Limia, Ourense).
Vocal 1: Juan Lucas Domínguez Fernández (B.G. Entrimo, Ourense).
Vocal 2: Oscar Doural López (B.G. Castro Bergidum, Ponferrada).
Vocal 3: Carlos González Pérez (Real Banda da Deputación de Ourense, B.G. A Carballeira, B.G. Augas de Xuntanza-Os Peares, Ourense).
Vocal 4: Manuel Gómez Alonso (B.G. A Carballeira, Ourense).
Vocal 5: Javier Correa Conde (B.G. A Carballeira, Ourense).


- No medio da asemblea, houbo unha pequena interrupción sorpresiva cunha procesión humorística protagonizada pola "Confraría da Santa Estrella do Entroido de Xinzo", que agradeceron os asistentes ...

- Dende a Escola e a Banda de Gaitas de Xinzo de Limia desexámoslle o meirande éxito á nova asociación na súa andaina.

Domingo OLEIRO en XINZO

- Seguemos no ENTROIDOOOOO ...!!!.
- Velaquí unhas imaxes da festa no Domingo Oleiro de Xinzo.


martes, 3 de febrero de 2009