viernes, 28 de agosto de 2009

B. G. XINZO DE LIMIA no IX Festival Internacional de Bandas de Gaitas "Villa de Xixón" (Agosto 2009)

- Gran festival o "Villa de Xixón". Noraboa ós organizadores, os nosos colegas da BANDA DE GAITAS VILLA DE XIXÓN. Moitas gracias ó seu director, José Luis, e ó noso guía Juanjo, polas moitas atencións para con nos.
- Impactante a INVERERAY & DISTRICT PIPE BAND. Vaia calidade de banda ...!!!.










- Ligazóns (enlaces/links) a vídeos sobre o IX Festival Internacional de Bandas de Gaitas "Villa de Xixón":

- Ligazóns (enlaces/links) a novas sobre o IX Festival Internacional de Bandas de Gaitas "Villa de Xixón":




miércoles, 19 de agosto de 2009

B. G. XINZO DE LIMIA no 50º. Festival Internacional de Montréjeau (Francia)


- Gracias, André, Thierry, J. Claude ..., e toda a xente de Montréjeau pola vosa cordialidade, hospitalidade e agarimo. Ata sempre, amigos ... !!!.
- Merci, André, Thierry, J. Claude et tous les gens de Montréjeau par votre cordialité, hospitalité et affection. Jusqu'à toujours, amis ... !!!.














- Ligazóns (enlaces, links) a artigos e novas sobre o 50º. Festival Internacional de Montréjeau:

http://www.ladepeche.fr/article/2009/08/19/656462-Montrejeau-Festival-de-folklore-un-50e-anniversaire-en-fanfares.html

http://www.ladepeche.fr/article/2009/08/11/652462-Montrejeau-En-piste-pour-la-50e-edition-du-Festival-mondial-de-folklore.html

http://www.montrejeau-pyrenees.com/TempSite/3734.asp?rang=

http://www.cioff-france.org/cioff-montrejeau-62.php

- Ligazón (enlace, link) á Web do Festival Internacional de Folklore de Montréjeau.

http://folklore-montrejeau.fr/index.html

lunes, 3 de agosto de 2009

¡¡¡ SUBCAMPIÓNS, 1º. PREMIO de PERCUSIÓN, 1º. PREMIO de CUARTETOS Tradicionais !!!

¡¡¡ Gran ÉXITO da Escola Municipal
de GAITAS & PERCUSIÓN
do Concello de XINZO DE LIMIA
na final da XIX Liga Galega
de Bandas de Gaitas 2008-09!!!
- - - - - - - - - - - - - - -
- - - - - - - - - - - - - - -
BANDA DE GAITAS
XINZO DE LIMIA
SUBCAMPIÓNS
1º. Grado
BANDA DE GAITAS
XINZO DE LIMIA
1º. PREMIO de PERCUSIÓN
1º. Grado
BANDA DE GAITAS
XINZO DE LIMIA - B
SUBCAMPIÓNS
5º. Grado
BANDA DE GAITAS
XINZO DE LIMIA - B
1º. PREMIO de PERCUSIÓN
5º. Grado
CUARTETO
"OS ESKATXAPALLETAS"
1º. PREMIO
3º. Concurso de CUARTETOS Tradicionais

¡¡¡ Noraboa a tod@s polo excelente traballo e magníficos resultados !!!

sábado, 11 de julio de 2009

CONCERTO en Xinzo de Limia

- O vindeiro sábado, 18 de xullo, ofrecemos un CONCERTO con algúns dos temas máis selectos do noso repertorio. Dará comezo ás 22:00 h. na Praza de Carlos Casares, en Xinzo de Limia.
- Quedades convidados/as ... e sede puntuais ... !!!.


Actuacións en xuño e xullo

- Despois das actuacións do pasado mes de xuño: O día 13 nas Festas da Valenzá (Ourense) convidados pola Banda de Gaitas Nova Fronteira -onde fixemos un pasarrúas conxunto coas Bandas de Gaitas Nova Fronteira & Cartelle e Entrimo-, e o día 14 na procesión de Corpus en Xinzo; iniciamos o periodo veraniego os días 4 e 5 de xullo na preciosa comunidade veciña de Asturias, como manda a nosa tradición bandística, participando no V Alcuentro Bandes de Gaites Castrillón, na localidade de Piedras Blancas, organizado pola Asociación L'Alborcer e os nosos colegas da Banda de Gaites de Castrillón ..., que resultou todo un éxito ...

martes, 7 de abril de 2009

SUBCAMPIÓNS en Aveiro ...

- ¡¡¡ SEGUEMOS NA COLLEITA DE ÉXITOS !!!.
- A BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA (titular), SUBCAMPIONA do 1º. Grao. A BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA - B, SUBCAMPIONA do 5º. Grao, na 2ª. Fase da XIX Liga Galega de Bandas de Gaitas, celebrada en Aveiro (Portugal) o 05/04/2009.
- Velaquí algunhas fotos dos ensaios previos no día anterior e no mesmo día do certame ...







- Velaquí ó vídeo coa actuación da BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA (titular) en Aveiro, que subimos en Youtube.

miércoles, 4 de marzo de 2009

En XINZO todos/as apoiamos ós TRABALLADORES/AS de "Vidrieira do Atlántico"

- Os traballadores/as da empresa "Vidrieira do Atlántico", con sé en Xinzo, seguen a loitar polos seus dereitos e por un convenio laboral xusto, que lles é negado sistemáticamente pola empresa. O pobo, autoridades, representantes políticos e sociais, colectivos de Xinzo e de toda a Limia, apoiámolos na manifestación do pasado día 27 de febreiro. Velaquí a nova ampliada e outros na web da CIG, onde tamén hai fotos e un vídeo. http://www.galizacig.com/avantar/novas/2-3-2009/xinzo-de-limia-botase-a-rua-en-apoio-e-solidariedade-coa-loita-dos-traballadores-e-tr

lunes, 23 de febrero de 2009

V Encontro coa ZANFONA Contemporánea en NARÓN

- O Encontro coa Zanfona Contemporánea que cada ano se vén celebrando en Narón por estas datas chega a súa V edición. Terá lugar entre o 13 e o 15 de marzal en diferentes puntos deste concello e reunirá a interesados por este instrumento milenario que está a rexurdir con moita forza nos últimos anos en toda Europa e baixo diferentes estilos e apreciacións.

- O Encontro coa Zanfona Contemporánea é unha produción de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, que organiza cada ano co Padroado de Cultura do Concello de Narón e logo de catro edicións convertíuse nun referente pedagóxico e escénico montado ao redor deste instrumento milenario cunha orientación moderna para dar a coñecer as últimas e variadas tendencias da zanfona. A repercusión deste festival chega a unha grande parte do público interesado neste tipo de músicas pola especificidade da proposta e a achega de maestros internacionais á Ferrolterra.

- Os anos anteriores viñeron até Narón uns dos mellores representantes europeos deste instrumento: Valentin Clastrier, Gilles Chabenat, Marc Egea ou os galegos Anxo Lois Pintos e Óscar Fernández.

- Nesta edición o mestre invitado é Grégory Jolivet, un novo valor do centro de Francia cunha longa experiencia nos escenarios. Dado a coñecer internacionalmente logo de sustituir ao mítico Nigel Eaton como zanfonista da histórica banda inglesa Blowzabella e cunha sólida traxectoria como solista e en formacións de dúo e trio. Compartirá escenario nos concertos do venres no Auditorio de Narón con Xarnege, un colectivo transfonterizo de bascos e gascóns.

- Ademais haberá actuacións do dúo Sobre Rodas -Carlos do Viso e Luis Caruncho- na feira do 13 en Sedes e farán concertos artístico-didácticos para escolares do concello.

- Na parte máis teórica do Encontro, estarán o investigador Xulio García Bilbao e Luciano Pérez do obradoiro musical e arquivo documental Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Deputación de Lugo, herdeiro do pioneiro obradoiro que fundou Faustino Santalices quen recuperou este instrumento en Galicia hai xa máis de cincuenta anos.

- As xornadas de convivencia -curso, conferencia, palco aberto- terán lugar en Aldea Nova na parroquia de Sedes.O prazo de inscrición ao curso aínda non está aberto, pero ficade á espreita.

sábado, 21 de febrero de 2009

Reunión da SGAE con directores de BANDAS DE GAITAS

- Directores de Bandas de Gaitas galegas participaron nunha reunión informativa convocada pola SGAE. Velaquí a nova no xornal "La Voz de Galicia". http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2009/02/21/0003_7544492.htm

lunes, 9 de febrero de 2009

Fundación da ASOCIACION INTERAUTONÓMICA DE PERCUSIONISTAS

- Onte, domingo 8, a Escola Municipal de Gaitas & Percusión de Xinzo de Limia foi a sé anfitriona de percusionistas, principalmente ligados a Escolas e Bandas de Gaitas. Nesta reunión acordaron fundar a ASOCIACIÓN INTERAUTONÓMICA DE PERCUSIONISTAS (Galicia, Asturias e Castela y León), cos fins de promocionar e divulgar a percusión e o estudio da mesma, para o cal redactaron os estatutos e demáis requisitos para a súa formalización como tal asociación. Na mesma asemblea quedaron nomeados os cargos que estarán ó frente da recén nacida asociación durante os dous próximos anos, quedando do seguinte xeito:

Presidente: Xoán A. Losada Soto (B.G. Xinzo de Limia, B.G. Vilar de Barrio & Sarreaus, Ourense).
Vicepresidente: José Miguel Gómez Rodríguez (B.G. Nova Fronteira & Cartelle, Ourense).
Secretaria: Rocío García Fernández-Echevarría (B.G. Entrimo, Ourense).
Tesoureira: Alba Veloso Rúa (B.G. Xinzo de Limia, Ourense).
Vocal 1: Juan Lucas Domínguez Fernández (B.G. Entrimo, Ourense).
Vocal 2: Oscar Doural López (B.G. Castro Bergidum, Ponferrada).
Vocal 3: Carlos González Pérez (Real Banda da Deputación de Ourense, B.G. A Carballeira, B.G. Augas de Xuntanza-Os Peares, Ourense).
Vocal 4: Manuel Gómez Alonso (B.G. A Carballeira, Ourense).
Vocal 5: Javier Correa Conde (B.G. A Carballeira, Ourense).


- No medio da asemblea, houbo unha pequena interrupción sorpresiva cunha procesión humorística protagonizada pola "Confraría da Santa Estrella do Entroido de Xinzo", que agradeceron os asistentes ...

- Dende a Escola e a Banda de Gaitas de Xinzo de Limia desexámoslle o meirande éxito á nova asociación na súa andaina.