viernes, 28 de noviembre de 2008

domingo, 9 de noviembre de 2008

As novas GAITAS da B. G. XINZO DE LIMIA

- Xa é sabido que nos meses precedentes fixemos estrea de novo instrumental. VINTE E UNHA (21) GAITAS en madeira de granadillo, con anelado en imitación de marfil e espigos recubertos de prata, fabricadas no excelente obradoiro ARPHA -Guadarrama (Madrid)-, que foron sufragadas pola Excmª. Deputación Provincial de Ourense (institución á que agradecemos a súa boa disposición e confianza no noso traballo). Debemos e queremos salientar que éstas son as PRIMEIRAS GAITAS GALEGAS DE BANDA fabricadas neste obradoiro que se poñen en funcionamento HABITUAL. Ademais, podemos e queremos dicir que tivemos moito que ver no deseño, torneado, calibres interiores e exteriores, formato do fol, etc., deste instrumento; buscando un achegamento á morfoloxía e son das gaitas galegas antigas ... !!!. Dámoslle a gracias os luthiers de ARHPA (cuxa ligazón web poñemos abaixo) polas moitas atencións e adicación que tiveron, así como o esmerado traballo que fixeron.

- Velaquí un intre do remate definitivo na semana pasada, onde os experimentados luthiers de ARPHA colocaron os novos foles (de deseño propio da B. G. XINZO DE LIMIA), baixo a atenta mirada do noso amigo Hevia, que "supervisou" a "operación" ...

http://www.arhpa.com/

Cea da Banda CAMPIONA en 1999-2000

- Oito anos despois, os compoñentes que fumos entre 1998-2001 da BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA, reunímonos para lembrar vellos tempos. É así que organizouse unha cea (gracias Emilio, xa que verdadeiramente fuches a "alma pater-mater" mediadora !!!) e pasamos unhas cantas horas todos xuntos na noite do 1 de novembro, relatando anécdotas, tocando gaitas, tambores e pandeiretas, cantando e indo de xolda ... Unha velada para non esquecer, da que foi CAMPIONA da Liga Galega de Bandas de Gaitas no 2º. Grao en 1999 e no 1º. Grao no ano 2000, entre outros longos méritos. Gracias a todos pola vosa asistencia. Viva a BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA !!!.
- Arriba tedes a reseña que saiu publicada no xornal ourensán "La Región", dentro do especial "Vida" (gracias, Xesús !!), o domingo 9 de novembro.

sábado, 8 de noviembre de 2008

Recente publicación de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero

- A editorial viguesa Dos Acordes ven de publicar un novo libro, da autoría dos prestixiosos gaiteiros Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero. Trátase dun libro de partituras que, baixo o título: Pel & Madeira; recolle 30 temas populares, con arranxos para dúas gaitas, tambor e bombo. Engade dous CD coa gravación de todos os temas, interpretados polos propios autores.


viernes, 7 de noviembre de 2008

Novo método 'Gaita y Tambor', de HEVIA

- O noso famoso amigo José Ángel HEVIA acaba de sacar adiante un novo e revolucionario proxecto.

- Dende o pasado día 28 de setembro, co xornal asturiano "La Nueva España" pódese adquirir un novo método de aprendizaxe de gaita e tambor asturianos, da autoría de Hevia e titulado: Gaita y Tambor. O método, que se vende xunto co xornal, está formado por dez pequenos libros -cada un con vinte leccións e un DVD (na gravación do cal participaron, asi mesmo, María José Hevia e os nosos colegas candasinos Velu e 'Guax')-. Ademais, ofertan a posibilidade de adquirir unha gaita asturiana, en madeira de granadillo, fabricada en ARHPA. Velaquí unha imaxe do libro 1 do método e dous enlaces con información sobre o tema.

http://www.lne.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008092100_49_677644__TV-y-Espectaculos-Hevia-pone-gaita-alcance-todos
http://blog.hevia.es/?p=439

- Dende a BANDA DE GAITAS XINZO DE LIMIA desexámoslle o meirande éxito ó noso amigo nesta interesante iniciativa.